lunes, 26 de mayo de 2008

Pode ser... algo bonito! (Conchita)

A Cara...



e a cruz...

dun vaivén permanente... porque teño un móbil imbécil...
en insoportable silencio, non soa... non chamas...
Haberá un punto intermedio? Agardo que non.

lunes, 12 de mayo de 2008

As pombas de Paloma


AS POMBAS

Pombas que voan,
a medio caer,
lavando as súas plumas ,
ulindo a súa pel.
Manchan as casas, os chans tamén,
andan a patas voan moi ben.

Observan a barcos, a mares tamén,
len os libros, con sabor a
mel,
agardan ao vento, para bailar con él,
danzando, correndo, saltando ao revés,
ordenan a súa casa, a súa roupa, a súa pel.

Convidan a amigas, amigos, e a
Abel, coa súa amada bebendo café, tirando ao
lago, deixando caer.

Son, pombas de cores,
marróns, amarelas, azuis e de máis,
razas distintas,
razas do mar ,da terra, do aire, dalgún lugar.

Con este poema, Paloma, aos seus 11 anos, vén de gañar o 2º premio no concurso de poesía e relato curto organizado en Nigrán por mor do día das Letras Galegas, na categoría de 10 a 16 anos. Noraboa!



jueves, 8 de mayo de 2008

Benedetti

Cando non sei nin que sinto leo a Benedetti, e de repente, non sei nin cando nin como, entrou na miña alma e sacouna de mín... e ahí está, no poema que estou lendo... sen adornos, sen facer ruido, case sen querer...
Deixo aquí unha entrevista-documental na que repasa a súa vida. Dura máis de 50 minutos e vale a pena cada segundo... pero, se teño que escoller, quédome con dous momentos; cando no minuto 25:50 Miguel Angel Solá recita "No te salves", e no minuto 13:42. Neste caso o segundo é fundamental... esa mirada, cando fala da súa muller... eu quero eso! É a única condición imprescindible, que me mires así.

Lamatumbá. Camiños

Verbenita!!!

Non hai nada como bailar e rir para disfrutar da vida, porque a vida é o que é, e non hai máis! Éche o que hai!

Por certo, só por ver a Pemán o video xa vale a pena!

miércoles, 7 de mayo de 2008

O pensamento científico como antídoto da barbarie


Este é un fragmento no que Primo Levi reivindica a necesidade de manter unha actitude crítica na vida como antídoto ante a barbarie; só o excepticismo, o diálogo... a razón, nos poden previr para que algo semellante non volva ocorrer.


"Por ello, meditar sobre lo que pasó es deber de todos. Todos deben saber, o recordar, que tanto a Hitler como a Mussolini, cuando hablaban en público, se les creía, se los aplaudía, se los admiraba, se los adoraba como dioses. Eran "jefes carismáticos", poseían un secreto poder de seducción que no nacía de la credibilidad o de la verdad de lo que decían, sino del modo sugestivo con que lo decían, de su elocuencia, de su arte histriónico, quizás instintivo, quizás pacientemente ejercitado y aprendido. Las ideas que proclamaban no eran siempre las mismas y en general eran aberraciones, o tonterías, o crueldades; y, sin embargo, se entonaban hosannas en su honor y millones de fieles los seguían hasta la muerte. Hay que recordar que estos fieles, y entre ellos también los diligentes ejecutores de órdenes inhumanas, no eran esbirros natos, no eran (salvo pocas excepciones) monstruos: eran gente cualquiera. Los monstruos existen pero son demasiado pocos para ser realmente peligrosos; más peligrosos son los hombres comunes, los funcionarios listos a creer y obedecer sin discutir, como Eichmann, com Hoess, comandante de Auschwitz, como Stangl, comandante de Treblinka, como los militares franceses de veinte años más tarde, asesinos en Argelia, como los militares norteamericanos de treinta años más tarde, asesinos en Vietnam.


Hay que desconfiar, pues, de quien trata de convencernos con argumentos distintos de la razón, es decir de los jefes carismáticos: hemos de ser cautos en delegar en otros nuestro juicio y nuestra voluntad. Puesto que es difícil distinguir los profetas verdaderos de los falsos, es mejor sospechar de todo profeta; es mejor renunciar a la verdad revelada, por mucho que exalten su simplicidad y explendor, aunque las hallemos cómodas porque se adquieren gratis. Es mejor conformarse con otras verdades más modestas y menos entusiastas, las que se conquistan con mucho trabajo, poco a poco y sin atajos por el estudio, la discusión y el razonamiento, verdades que pueden ser demostradas y verificadas.


Es evidente que esta receta es demasiado simple como para cubrir todos los casos: un nuevo fascismo, con su retahíla de intolerancias, prepotencias y servidumbre, puede nacer fuera de nuestro país y ser importado, quizás en puntas de pies y haciéndose llamar con otros nombres; o puede desencadenarse dentro de casa con unha violencia capaz de desbaratar todo reparo. Entonces los consejos de sabiduría ya no sirven y se debe encontrar la forma de resistir: también en esto, la memoria de lo sucedido en el corazón de Europa, y no hace mucho, puede servir de sostén y admonición."

Si esto es un hombre

Primo Levi

A expulsión de Pedro


Vense de expulsar a Pedro Gómez-Valadés do BNG por deslealdade... é dicir, por fundar e presidir a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) e por lamentarse cando dende o BNG se poñen mil excusas para non conmemorar o Holocausto! É unha barbaridade que lamentablemente reflexa cal é a concepción da democracia que existe en boa parte do BNG.
A Shoa que significou a maior traxedia da Humanidade, o asasinato de 6 millóns de persoas. Porque a desposesión da concepción de persoa a un só individuo é aterrador pero a todo un pobo, é simplemente inconcebible... e supoño que é eso: falta de capacidade de comprensión unida á xudeofobia, aliñada con ese toque de cariño especial que algúns espertamos dentro do BNG... o resultado é un conglomerado de monstruos cheos de odio, cargadiños de consignas e falta de entrenamento na análise crítica da sociedade. O lamentable é que non só gobernan o BNG.

lunes, 5 de mayo de 2008

Aterrador!!





















Hai uns meses puxen un burka... apenas foron uns segundos, por curiosidade, nun ambiente distendido e aínda así... falta o aire, perdes a perspectiva co mundo que te rodea... desapareces... é aterrador!!!

Un dragón no corazón do BNG






César Pazos Carreiro
Membro do Consello Local do BNG de Vigo


Quero erguer hoxe a miña voz en defensa da Democracia. Quero erguer hoxe a miña voz, como moitas outras veces fixen en defensa de Galiza, para denunciar desta vez, a grave perda de democracia interna dentro do BNG. Democracia non é só votar. Democracia é o libre pensamento, participar, ter dereito a organizarse e como consecuencia delo poder votar. Sin represións por manifestar o que pensas.
Na Democracia non hai preguntas e respostas prohibidas, non hai temas demasiado sensibles ou delicados para ser explorados, non hai verdades sagradas. Pedro Valadés, eu e outros 50 militantes máis do BNG pensamos que, no tema de Oriente Próximo, Israel leva a razón. Nós cremos que o pobo Israel ten dereito a existir en Paz.
Vivimos en sombras dentro do BNG. Quero espantar esas sombras prendendo unha vela, para que todas e todos os cidadáns galegos poidamos presenciar como se expulsa a un patriota galego por exercer o dereito a pensar e opinar con iniciativa propia. Pedro Valadés é repudiado por algúns dirixentes do Bloque por pensar distinto e por crear a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI).
Como patriota galego, sinto que Israel é un exemplo a seguir, pero no BNG moitos pensan que o paradigma é Irán. O sionismo, o nacionalismo israelí, cando deixou Auschwitz foi quen de recuperar a súa patria, a súa fala, a súa historia, xuntar os seus fillos e, o máis importante, foi quen de conquerir a Democracia. Porque Israel é un pobo democrático.
Namentras, nós temos un monstruo dentro do BNG. Un Dragón no corazón dalgúns dirixentes con pingallas antisemitas. ¿Que son senon, os aplausos histéricos asemblearios a favor do bombardeo nuclear do pobo de Israel, producidos dentro dunha organización pacifista como o BNG? ¿Que é se non, negarse a condenar o Holocausto no Parlamento galego con malas excusas? O Holocausto condénase e punto. ¿Por que se advirte dende a dirimencia: "coidado co que se fala que sae nos medios"? . Coidado ¿de que? ¿De que razóns non se poden enterar os cidadáns galegos?.
Sinto vergonza. Levo militando no Bloque 31 anos, como consecuencia directa de ser galego eu son nacionalista. Son home de esquerdas. Pero costame respirar cando alguén aplaude un bombardeo nuclear, ou négase a condear o Holocausto, ou se expulsa a alguén por ser amigo dos xudeos.
Loitarei para ter un BNG democrático. Loitarei contra ese dragón que algúns do BNG levan dentro do peito. Shalom.

domingo, 4 de mayo de 2008

Para Pedro

O primeiro post de verdade tiña que ser para ti... porque a blogosfera ten nome propio, porque afrontas a vida co corazón por diante, cheo de ideais, de verdades... cheo de integridade e valor... porque es amizade pura... aquí tes unha canción e un bico enooorme!

Balada del mal genio. Benedetti.

Hay días en que siento una desgana
de mí, de ti, de todo lo que insiste en creerse
y me hallo solidariamente cretino
apto para que en mí vacilen los rencores
y nada me parezca un aceptable augurio.

Días en que abro el diario con el corazón en la boca
como si aguardara de veras que mi nombre
fuera a aparecer en los avisos fúnebres
seguido de la nómina de parientes y amigos
y de todo indócil personal a mis órdenes.

Hay días que ni siquiera son oscuros
días en que pierdo el rastro de mi pena
y resuelvo las palabras cruzadas
con una rabia hecha para otra ocasión
digamos, por ejemplo, para noches de insomnio.

Días en que uno sabe que hace mucho era bueno
bah tal vez no hace tanto que salía la luna
limpia como después de jabón perfumado
y aquello si era auténtica melancolía
y no este malsano, dulce aburrimiento.

Bueno, esta balada sólo es para avisarte
que en esos pocos días no me tomes en cuenta.