Mostrando entradas con la etiqueta César Pazos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta César Pazos. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de marzo de 2009

O Enroque. César Pazos

Sempre tiven a impresión de que a escasa cultua democrática, na práctica, do BNG era a causa das formas stalinistas imperantes dentro da nosa organización. E isto sempre me deu a sensación de que o noso Bloque era unha especie de "fortaleza", para algúns claro.

Esta impresión de "fortaleza" voltoume á cabeza cando vin os resultados e a reacción plasmada nas fotos de o "Rei" Quintana acompañado pola "Torre" de Francisco Rodriguez. Transmitían a idea, repito, de "fortaleza" ameazada, a deles claro. E vexo vir un enroque en toda regla. Un enroque ilegal, funesto.

Agora ben. Para os que nos gosta o xadrez sabemos que non goza de de boa reputación esta xogada e en moitas ocasións se escoita aquelo de -perdín por enrocarme-. Existen varias circunstancias polas que non debe producirse un enroque:

unha, é cando o "Rei" está en xaque.
dúas, cando as dúas pezas participantes xa foron movidas.
tres, cando entre o "Rei" e a "Torre" está presente algunha "peza".
catro, cando a casilla a que quer saltar o "Rei" está ameazada.....

Nos últimos movementos políticos do xadrez nacionalista confirman que ante esta situación que nos amarga vivir non podemos permitir un cobarde enroque. Que non se preocupen os da "Torre" somos moitos os patriotas, mulleres e homes, plenamente responsables e con moitas gañas de instalar a democracia plena dentro do BNG para que este se recupere. Para que nos recuperemos. Para recuperar a nosa patria.

Chamo á mobilización interna. A "invitar" ó "Rei" e ós da "Torre" a que abran a porta de esa "fortaleza" e entre dentro tamén toda a Galiza que está fora. Se non é así, estou seguro que voltarán as formas dos "Irmandiños" que deso neste país sabemos un longo rato.

jueves, 12 de febrero de 2009

Israel, o camiño da liberdade

CÉSAR PAZOS CARREIRO *
Eu fun neno nunha época de esperanza. Morría "o Caudillo" e despertaba a Democracia e, con ela, collía forza a Consciencia Organizada de Galiza e comecei a militar no nacionalismo galego. Por inercias, e coñecedor soamente dun lado da realidade no Próximo Oriente eu fíxenme propalestino.
Descubrir a impactante figura do Che Guevara e a súa mensaxe de loita sen cuartel contra as inxustizas, e con el, un xeito de pensar e de non creer nas verdades sagradas, nas preguntas prohibidas, de practicar sempre o método científico? levoume a escoitar e estudar a outra realidade deste conflito. A realidade do pobo de Israel. Foi entón cando descubrín a loita milenaria dun pobo perseguido e a do exterminio de máis de 6 millóns de europeos xudeus na Alemaña nazi. Descubrín un pobo que nunca renunciou a recuperar a súa patria, nin a ser dono do seu futuro.
No proceso de reconquista da súa terra ancestral, Israel non fixo nada que non fixera España contra os árabes e os franceses, Cuba contra os ianquis, Irlanda contra Inglaterra, etc? Só que a Israel se lle nega todo. Incluso o dereito elemental a existir en paz. Calquera pobo do mundo que acada a súa liberación é admirado, como calquera dos anteriormente mencionados.
Israel soportou ó longo da súa historia épocas de histeria demoníaca na que o culpabilizaban de todo, como a que lle toca vivir dende o seu rexurdimento. É fácil demonizar a aqueles a quen se teme ou odia. "Demonio" significa "coñecemento" en grego; e Israel é un pobo que emerxe e sobrancea en base ó coñecemento. A súa historia e a súa economía fundaméntanse no coñecemento. Carecen de petróleo e case non teñen auga. A educación en Israel acada os niveis máis altos do mundo por habitante. Aférranse á democracia con verdadeiro degoiro, xa que coñecen moi ben a clase de réximes que os rodean. Son, de feito, a única democracia na zona. Son tamén, e grazas a diáspora, un dos pobos máis multirraciais do planeta e, por riba, Israel é o único lugar daquela rexión asiática onde os árabes poden votar e participar da Democracia. Algúns din que os árabes israelís están perseguidos, pero se fose verdade fuxirían como o fan os cubanos. As mulleres teñen dereitos e gobernan no país, ó contrario do que acontece no seu contorno árabe-musulmán onde son lapidadas por ben pouco. E os homosexuais, en fin, tamén teñen dereitos, non son considerados enfermos como en Irán? Alí, como en calquera país democrático, todos teñen dereitos e obrigas. E, o seu goberno, o que sexa, ten o dereito e a obriga de defenderse dos milleiros de mísiles que reciben de Hamas. Os teócratas totalitarios de Hamas son contrarios á democracia e ó coñecemento. Hamas é o islamismo fundamentalista, o fanatismo, o fascismo que desfila por Gaza cos brazos en alto e con nenos e nenas lucindo bombas atadas ás cadeiras. Unha aberración.
Escribiu Epicteto, un filósofo greco-romano e antigo escravo: "non debemos crer ós moitos que din que só se debe educar ó pobo libre, senón máis ben ós filósofos que din que so os cultos son libres". Israel é un pobo culto rodeado de fanatismos e teocracias. iso, porque, aínda defendendo a Israel, sigo sendo pro-palestino, desexo que Palestina alcance o coñecemento lonxe de fanáticos como Hamas; ese día o seu pobo estará preto da súa liberdade, como Israel.

* Membro do Consello Local do BNG de Vigo

lunes, 5 de mayo de 2008

Un dragón no corazón do BNG






César Pazos Carreiro
Membro do Consello Local do BNG de Vigo


Quero erguer hoxe a miña voz en defensa da Democracia. Quero erguer hoxe a miña voz, como moitas outras veces fixen en defensa de Galiza, para denunciar desta vez, a grave perda de democracia interna dentro do BNG. Democracia non é só votar. Democracia é o libre pensamento, participar, ter dereito a organizarse e como consecuencia delo poder votar. Sin represións por manifestar o que pensas.
Na Democracia non hai preguntas e respostas prohibidas, non hai temas demasiado sensibles ou delicados para ser explorados, non hai verdades sagradas. Pedro Valadés, eu e outros 50 militantes máis do BNG pensamos que, no tema de Oriente Próximo, Israel leva a razón. Nós cremos que o pobo Israel ten dereito a existir en Paz.
Vivimos en sombras dentro do BNG. Quero espantar esas sombras prendendo unha vela, para que todas e todos os cidadáns galegos poidamos presenciar como se expulsa a un patriota galego por exercer o dereito a pensar e opinar con iniciativa propia. Pedro Valadés é repudiado por algúns dirixentes do Bloque por pensar distinto e por crear a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI).
Como patriota galego, sinto que Israel é un exemplo a seguir, pero no BNG moitos pensan que o paradigma é Irán. O sionismo, o nacionalismo israelí, cando deixou Auschwitz foi quen de recuperar a súa patria, a súa fala, a súa historia, xuntar os seus fillos e, o máis importante, foi quen de conquerir a Democracia. Porque Israel é un pobo democrático.
Namentras, nós temos un monstruo dentro do BNG. Un Dragón no corazón dalgúns dirixentes con pingallas antisemitas. ¿Que son senon, os aplausos histéricos asemblearios a favor do bombardeo nuclear do pobo de Israel, producidos dentro dunha organización pacifista como o BNG? ¿Que é se non, negarse a condenar o Holocausto no Parlamento galego con malas excusas? O Holocausto condénase e punto. ¿Por que se advirte dende a dirimencia: "coidado co que se fala que sae nos medios"? . Coidado ¿de que? ¿De que razóns non se poden enterar os cidadáns galegos?.
Sinto vergonza. Levo militando no Bloque 31 anos, como consecuencia directa de ser galego eu son nacionalista. Son home de esquerdas. Pero costame respirar cando alguén aplaude un bombardeo nuclear, ou négase a condear o Holocausto, ou se expulsa a alguén por ser amigo dos xudeos.
Loitarei para ter un BNG democrático. Loitarei contra ese dragón que algúns do BNG levan dentro do peito. Shalom.