viernes, 6 de marzo de 2009

O Enroque. César Pazos

Sempre tiven a impresión de que a escasa cultua democrática, na práctica, do BNG era a causa das formas stalinistas imperantes dentro da nosa organización. E isto sempre me deu a sensación de que o noso Bloque era unha especie de "fortaleza", para algúns claro.

Esta impresión de "fortaleza" voltoume á cabeza cando vin os resultados e a reacción plasmada nas fotos de o "Rei" Quintana acompañado pola "Torre" de Francisco Rodriguez. Transmitían a idea, repito, de "fortaleza" ameazada, a deles claro. E vexo vir un enroque en toda regla. Un enroque ilegal, funesto.

Agora ben. Para os que nos gosta o xadrez sabemos que non goza de de boa reputación esta xogada e en moitas ocasións se escoita aquelo de -perdín por enrocarme-. Existen varias circunstancias polas que non debe producirse un enroque:

unha, é cando o "Rei" está en xaque.
dúas, cando as dúas pezas participantes xa foron movidas.
tres, cando entre o "Rei" e a "Torre" está presente algunha "peza".
catro, cando a casilla a que quer saltar o "Rei" está ameazada.....

Nos últimos movementos políticos do xadrez nacionalista confirman que ante esta situación que nos amarga vivir non podemos permitir un cobarde enroque. Que non se preocupen os da "Torre" somos moitos os patriotas, mulleres e homes, plenamente responsables e con moitas gañas de instalar a democracia plena dentro do BNG para que este se recupere. Para que nos recuperemos. Para recuperar a nosa patria.

Chamo á mobilización interna. A "invitar" ó "Rei" e ós da "Torre" a que abran a porta de esa "fortaleza" e entre dentro tamén toda a Galiza que está fora. Se non é así, estou seguro que voltarán as formas dos "Irmandiños" que deso neste país sabemos un longo rato.

No hay comentarios: