Don Emilio Calatayud Pérez é o Xuíz de Menores máis coñecido do Estado español grazas as súas "polémicas" sentenzas e declaracións, e sobre todo, polos excelentes resultados acadados nos índices de reinserción social e nivel de delincuencia xuvenil na súa circunscrición.
Deixo aquí dous videos seus e o seu famoso "Decálogo para formar un delincuente".
DECÁLOGO PARA FORMAR UN DELINCUENTE
1.- Comece dende a infancia dando ao seu fillo todo o que pida. Así crecerá convencido de que o mundo enteiro perténcelle.
2.- Non se preocupe pola súa educación ética ou espiritual. Agarde a que acade a maioría de idade para que poida decidir libremente.
3.- Cando diga palabrotas, ríallas. Esto animarao a facer cousas máis graciosas.
4.- Non lle regañe nin lle diga que está mal algo do que fai. Podería crearlle complexos de culpabilidade.
5.- Recolla todo o que el deixa tirado: libros, zapatos, roupa, xoguetes. Así acostumbrarase a cargar a responsabilidade sobre os demáis.
6.- Déixelle ler todo o que caia nas súas máns. Coide de que os seus pratos, cubertos e vasos estean esterilizados, pero non de que a súa mente se encha de basura.
7.- Acostume rifar co seu cónxuxe na presenza do neno, así a el non lle doerá demasiado o día no que a familia, cecais pola súa propia conducta, quede destrozada para sempre.
8.- Déalle todo o diñeiro que queira gastar. Non vaia sospeitar que para dispor do mesmo é necesario traballar.
9.- Satisfaga todos os seus desexos, apetitos, comodidades e praceres. O sacrificio e a austeridade poderían producirlle frustracións.
10.- Póñase da súa parte en calquiera conflicto que teña cos seus profesores e veciños. Pense que todos eles teñen prexuízos contra seu fillo e que de verdade queren fastidialo.
lunes, 11 de mayo de 2009
O xuíz de Menores, Don Emilio Calatayud Pérez.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario