lunes, 12 de mayo de 2008

As pombas de Paloma


AS POMBAS

Pombas que voan,
a medio caer,
lavando as súas plumas ,
ulindo a súa pel.
Manchan as casas, os chans tamén,
andan a patas voan moi ben.

Observan a barcos, a mares tamén,
len os libros, con sabor a
mel,
agardan ao vento, para bailar con él,
danzando, correndo, saltando ao revés,
ordenan a súa casa, a súa roupa, a súa pel.

Convidan a amigas, amigos, e a
Abel, coa súa amada bebendo café, tirando ao
lago, deixando caer.

Son, pombas de cores,
marróns, amarelas, azuis e de máis,
razas distintas,
razas do mar ,da terra, do aire, dalgún lugar.

Con este poema, Paloma, aos seus 11 anos, vén de gañar o 2º premio no concurso de poesía e relato curto organizado en Nigrán por mor do día das Letras Galegas, na categoría de 10 a 16 anos. Noraboa!



2 comentarios:

Pedro Gómez-Valadés dijo...

Un bico para Paloma

Xoán Salgado dijo...

Pois Paloma promete. Dille que siga escribindo e que non fume.
XS