miércoles, 7 de mayo de 2008

A expulsión de Pedro


Vense de expulsar a Pedro Gómez-Valadés do BNG por deslealdade... é dicir, por fundar e presidir a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) e por lamentarse cando dende o BNG se poñen mil excusas para non conmemorar o Holocausto! É unha barbaridade que lamentablemente reflexa cal é a concepción da democracia que existe en boa parte do BNG.
A Shoa que significou a maior traxedia da Humanidade, o asasinato de 6 millóns de persoas. Porque a desposesión da concepción de persoa a un só individuo é aterrador pero a todo un pobo, é simplemente inconcebible... e supoño que é eso: falta de capacidade de comprensión unida á xudeofobia, aliñada con ese toque de cariño especial que algúns espertamos dentro do BNG... o resultado é un conglomerado de monstruos cheos de odio, cargadiños de consignas e falta de entrenamento na análise crítica da sociedade. O lamentable é que non só gobernan o BNG.

No hay comentarios: