jueves, 8 de mayo de 2008

Benedetti

Cando non sei nin que sinto leo a Benedetti, e de repente, non sei nin cando nin como, entrou na miña alma e sacouna de mín... e ahí está, no poema que estou lendo... sen adornos, sen facer ruido, case sen querer...
Deixo aquí unha entrevista-documental na que repasa a súa vida. Dura máis de 50 minutos e vale a pena cada segundo... pero, se teño que escoller, quédome con dous momentos; cando no minuto 25:50 Miguel Angel Solá recita "No te salves", e no minuto 13:42. Neste caso o segundo é fundamental... esa mirada, cando fala da súa muller... eu quero eso! É a única condición imprescindible, que me mires así.

2 comentarios:

Colectivo GZ-Israel dijo...

O link non vai. Proba insertalo de novo.

Nati dijo...

Definitivamente non son quen de poñelo bonito... así que o enlace está aquí: http://www.dailymotion.com/relevance/search/benedetti/video/xucu2_mario-benedetti-palabras-verdaderas_creation