sábado, 25 de octubre de 2008

As belas imaxes. Simone de Beauvoir


Remato de ler "As belas imaxes" de Simone de Beauvoir, sen dúbida unha das figuras máis relevantes do século pasado. Unha muller que coa súa obra "O segundo sexo" marcou un punto de inflexión no pensamento feminista e que nesta obra, "As belas imaxes", fai unha crítica feroz da clase burguesa acusándoa de ter "fríxido o corazón". Simone de Beauvoir atinou mostrádose absolutamente escéptica ante a posible fin da fame e miseria en 1990; se cadra o que non podía imaxinar é que en 1990 xa non ía existir a Unión Soviética.

A súa obra:

Novelas: A invitada (1943)
O sangue dos outros (1944)
Todos os homes son mortais (1947)
Os mandaríns (1954)
As belas imaxes (1966)
A muller rota (1967)
Cando predomina o espiritual (1979)
Ensaios: Para que a acción (1944)
Para unha moral da ambigüidade (1947)
O existencialismo e a sabiduría popular (1948)
O segundo sexo (1949)
O pensamento político da dereita (1955)
A longa marcha (Ensaio sobre China) (1957)
Memorias: Norteamérica día a día (1948)
Memorias dunha xoven formal (1958)
A plenitude da vida (1960)
A forza das cousas (1963)
Unha morte moi doce (1964)
A vellez (1970)
Fin de contas (1972)
A cerimonia do adeus (1981)
Teatro: Las bocas inútiles (1945)

No hay comentarios: