lunes, 23 de junio de 2008

Na noite de San Xoán


Estamos na noite de San Xoán, a noite máis curta do ano (no hemisferio norte), así que temos o país cheo de fogueiras purificadoras, estómagos cheos de sardiñas con pan de millo e viño (e licores varios, que estamos na era do botellón!). Non han tardar os saltos sobre o lume, sempre en número impar, para "limparnos" e, seica para as mulleres casadeiras "casarnos"... Nestes comezos do século XXI continúan as "herbas de San Xoán" agardando ao amencer, nunha tina con auga baixo o luar para lavarnos mañá... Canta esperanza e ilusión en cada moza que esta noite, está nunha praia galega, deixándose fecundar polas nove ondas... Cantas casas están nesta noite protexidas dos demos e das bruxas co arrecendo das rosas, do fento, do fiuncho, da herba luisa, da herba de san xoán, do romeu... Herbas que non son quen de protexernos dos mozos que andan "ás cancelas"e que mañán han facer andar ás voltas a máis de un. E, ao amencer, como non agardar a ver bailar ao Sol...

No hay comentarios: